Wednesday 24 de April de 2024

Concerto de Lesuiteband, este martes nas Torres de Santa Cruz


O dúo Lesuiteband, formado por Marian Ledesma (voz) e Sofía Canedo (piano/coros), presenta o martes ás 20:00 horas no Auditorio das Torres de Santa Cruz GIRLS JUST WANNA HAVE FUN. O acceso ao concerto é libre e gratuíto.

Neste concerto presentaran un repertorio de diferentes artistas importantes na historia da música pop, especialmente pensado coa muller como protagonista, como: Cyndi Lauper, Donna Summer, Bonnie Tyler, Gloria Gaynor, Kim Carnes, Patti Smith, Tina Turner, Sinéad O’Connor, Alanis Morissette, Amy Winehouse ou Christina Aguilera, todas elas grandes figuras da música.